O Concello da Laracha mellora 3,5 Km de estradas rurais

1 minutes read

A execución do proxecto de mellora da rede viaria en doce estradas das parroquias de Cabovilaño, Coiro, Lemaio e Vilaño está practicamente rematada a falta de acometerse actuacións menores de sinalización e albanelería que se levarán a cabo, previsiblemente, a próxima semana.

En total, a través deste proxecto o Concello da Laracha mellorou tres quilómetros e medio de lonxitude da rede viaria municipal no ámbito rural. En concreto, na parroquia de Cabovilaño actuouse na estrada entre os núcleos da Fraga e A Barreira e nos lugares de Arén e Xeriz. En Coiro realizouse a obra máis ampla en dúas vías, a que comunica O Coto con O Rapadoiro e a que enlaza Novás e Gudís. En Lemaio melloráronse as comunicacións rodadas entre os lugares de A Fraga e Tuixe e A Xesteira e O Ramo, e tamén se actuou en dous camiños no Igrexario. E en Vilaño a intervención centrouse en tres vías do lugar de Marfulo. A execución do proxecto supuxo un investimento total superior aos 181.000 euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?