O Concello da Laracha mellora a estrada no cruceiro novo da parroquia de Lendo

Cedida.

Neste punto de intervención está a ser renovado o pavimento desde a estrada do Igrexario ata a explanada do cemiterio, incluíndo a limpeza das cunetas, o acondicionamento dos bordes da calzada e a mellora da canalización das augas pluviais.

Como medidas de seguridade será instalada unha bionda debido ao desnivel existente entre a vía e os terreos lindeiros, e completaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical. Ademais, o cruceiro existente na parte inicial do camiño será protexido colocando no seu perímetro un pavimento diferenciador en lousas de granito.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Patrimonio, Urbanismo e Obras Públicas, Pablo Cambón, desprazáronse ata O Cruceiro Novo para reunirse co director da obra e coñecer o resultado das actuacións que se están a realizar.

Este proxecto tamén contempla intervencións de mellora da superficie de rodadura dos vehículos e limpeza das cunetas nas estradas dos núcleos de O Canle e Samiráns.

O orzamento total alcanza os 70.000 euros e está incluído no programa provincial POS+.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha