O Concello da Laracha mellora a rede viaria nas parroquias de Vilaño e Cabovilaño

Mejora en la carretera de Arén_Ayuntamiento de A Laracha

  • O investimento deste proxecto alcanza os 35.000 euros, financiados integramente con fondos municipais

As melloras da rede viaria municipal no concello da Laracha continúan avanzando a bo ritmo. Na parroquia de Cabovilaño estanse acometendo dúas intervencións que xa se atopan na fase final de execución. No núcleo de Arén creouse unha rede de recollida de augas pluviais e foron acondicionados os sobreanchos para contar cunha maior amplitude da plataforma, favorecendo «a circulación e habilitar espazos de aparcamento», destacan desde a Administración local. Esta última actuación tamén se realizou no lugar de Trasande. Na actualidade estanse pavimentando ambas vías con aglomerado asfáltico en quente.

Por outra banda, se as condicións meteorolóxicas o permiten, nos próximos días renovarase o pavimento no cruzamento da vía entre os lugares de O Pereiro e Fragunde, na parroquia de Vilaño.

O investimento total destes proxectos sitúase preto aos 35.000 euros, financiados integramente con fondos municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha