O Concello da Laracha mellora a superficie de rodadura na rúa A Cheda

Trátase dunha rúa pertencente ao núcleo urbano da capital municipal e perpendicular á estrada DP-1913 A Laracha-Soandres.

A intervención consiste en dotar á superficie de rodadura da vía, dunha distancia duns 200 metros, cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente para favorecer a circulación dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Patrimonio, Urbanismo e Obras, Pablo Cambón, desprazáronse ata o lugar das actuacións, onde mantiveron un encontro co director de obra e con veciños residentes na zona.

Este proxecto estará valorado en máis de 36.000 euros e finánciase integramente con fondos propios municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha