O Concello da Laracha mellora o pavimento en catro estradas de Vilaño

0 minutes read

Trátase dunha renovación da superficie de rodadura para facilitar as comunicacións e aumentar a seguridade viaria.

Un proxecto que inclúe catro actuacións diferenciadas nas estradas Vista Alegre-A Barreira, A Barreira-A Ribela, A Areosa-Amboade e tamén no camiño da Areosa que dá acceso ao lavadoiro. En total estase intervindo nunha distancia lineal de dous quilómetros e medio.

A actuación está valorada en preto de 77.000 euros.