O Concello da Laracha mellora un camiño municipal no núcleo de O Cancelo

1 minutes read
  • A intervención forma parte do plan municipal de mantemento e conservación da rede viaria

O Concello da Laracha, no desenvolvemento do plan de mellora, conservación e mantemento das vías de titularidade municipal, está acometendo unha actuación no lugar de O Cancelo (parroquia de Cabovilaño), nas inmediacións do parque empresarial.

A obra, financiada integramente con fondos propios municipais, estase a executar sobre un camiño de acceso a vivendas e inclúe a limpeza integral e a mellora na drenaxe, que evitará a acumulación de augas pluviais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, visitaron o lugar para comprobar o correcto desenvolvemento das actuacións previstas.