O Concello da Laracha non cobrará a taxa pola instalación de terrazas

Terraza dun bar

O próximo xoves celebrarase unha nova reunión da Comisión de seguimento ante o Covid-19 na que se tratarán cuestións municipais de relevancia.

Unha delas será aprobar a exención durante un ano da taxa municipal pola ocupación da vía pública con mesas e cadeiras. Farase como unha medida de flexibilización fiscal e apoio económico aos establecementos hostaleiros que teñen terrazas en terreo público municipal, considerando a ese sector como un dos máis castigados pola actual situación.

Ademais, tratarase a volta á actividade da feira de Paiosaco o domingo día 17 de maio, para o cal o Concello da Laracha tomará todas as medidas oportunas para cumprir as normas de seguridade que se establezan desde as autoridades sanitarias competentes.