O Concello da Laracha organiza unha visita guiada ao Castro de Montesclaros

O Castro de Montes Claros é un dos elementos arqueolóxicos de maior importancia da Laracha. O Concello, despois de adquirir os terreos nos que se sitúa o xacemento, vén desenvolvendo nos últimos anos intervencións dirixidas á súa posta en valor, incluído a primeira fase da escavación arqueolóxica deste antigo poboado fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Vilaño.

Precisamente co propósito de que a veciñanza larachesa poida coñecer o castro de Montes Claros e as intervencións realizadas durante os últimos anos, o Concello organizará unha visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o domingo día 5 de febreiro a partir das 12:00 horas.

A inscrición para anotarse nesta xornada é gratuíta e abrirase este luns 23 de xaneiro. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha