O Concello da Laracha pon en marcha os ‘Seráns de Baile’


Este sábado 1 de outubro volven os Seráns de Baile ao Centro Sociocultural de Paiosaco, despois do parón motivado pola pandemia. Os maiores de 55 anos, pensionistas e xubilados poderán acudir tódolos sábados de 18:00 a 21:00h a pasar unha entretida tarde de baile.