Trátase dunha iniciativa formativa que se desenvolve por quinto ano consecutivo co obxectivo de achegar estes coñecementos á veciñanza.
Nestes obradoiros os participantes terán a oportunidade de aprender técnicas básicas de poda e enxerto na época do ano máis axeitada para a realización destes traballos.
A actividade levarase a cabo os sábados 17 e 24 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas nas instalacións de Viveiros Amado, situadas na Braña Grande, en Cabovilaño, a carón da estrada AC-552.
A inscrición, exclusiva para persoas empadroadas no termo municipal da Laracha e maiores de 15 anos de idade, é gratuíta e abrirase este venres día 2 de xaneiro. As persoas interesadas deberán escoller unha das dúas quendas propostas e anotarse de xeito presencial no Viveiro de Empresas do polígono industrial ou no Edificio Administrativo da Laracha, ou ben chamando ao 981 605 001. As prazas asignaranse por orde de inscrición, aínda que se dará preferencia ás persoas que non participaran nesta mesma actividade na edición do ano pasado.