O Concello da Laracha, premiado por oitava vez nos premios María Moliner

1 minutes read
  • Recibirá 2.014,69 euros ampliar o catálogo das tres bibliotecas municipais

Un libro: una sonrisa, o proxecto de dinamización da lectura organizado polo Concello da Laracha, foi un dos galardoados nos premios María Moliner, o certame nacional que convoca o Ministerio de Cultura y Deporte para gratificar o labor de promoción da lectura desenvolvida polos municipios de menos de 50.000 habitantes.

Por oitava vez A Laracha é un dos concellos premiados dentro da provincia da Coruña, recibindo 2.104,60 euros para mercar libros ou publicacións periódicas de cara á ampliación do catálogo das tres bibliotecas municipais.

O proxecto, froito da cooperación entre diferentes servizos municipais como a rede de bibliotecas e a aula lúdica, naceu co dobre obxectivo de animar aos nenos de entre tres e doce anos de idade a desfrutar do pracer de ler e implicalos nas diferentes actividades realizaron nas instalacións durante todo o ano. Teatro, contacontos participativos, concurso de marcapáxinas ou visitas guiadas foron algunhas das iniciativas polas que o Concello recibiu o María Moliner.