O Concello da Laracha programa andainas para maiores de 55 anos


Trátase dunha oportunidade para coñecer polo miúdo os bonitos cornechos do territorio e unha maneira de estar en forma neste outono. Unha aposta pola saúde e o lecer . Baixo o título de “Xoves de Andainas e Lecer: Muiños e Ríos”, o fío condutor serán os ríos da Laracha e os muíños de auga que podemos atopar nestes paseos.

A saída  destas rutas será en bus dende a praza Olonne sur Mer as 10:00 horas.

O xoves 7 Ruta da Muiñeira  a ritmo do Río Acheiro, unha andaina de 4,2 km pola contorna do río Acheiro.  Visitárase o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte. A dificultade é baixa.

O xoves 14 As Pegadas do Bradoso. Dende a Escola infantil de Cumiáns, iniciarase unha andaina de 7 km polo río Bradoso. O discurrir do río entre carballos e castiñeiros. A dificultarde e media-alta.

O xoves 21 O vibrar do río Anllóns. Partirase andando dende a praza Olonne sur Mer ata a parroquia de Cabovilaño, uns  7 km pola beira do río Anllóns. A dificultade é baixa.

As inscricións son gratuítas e será preciso cubrir o formulario que estará dispoñible na web municipal ou ben acudir ao Concello para anotarse.

Para profundizar sobre o coñecemento dos muíños de auga o Concello destaca o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga de Golmar que conta co distintivo de centro azul. Este museo está aberto ao público os venres o os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden concertarse visitas de grupos en calquera outra data.