O Concello da Laracha reabre as pistas de padel

Cedida.

As pistas de pádel do complexo deportivo municipal da Laracha volven estar abertas ao público para o seu uso unha vez finalizadas as obras de mellora das instalacións.

A intervención levouse a cabo co triplo obxectivo de renovar o firme, ampliar a fachada de chapa que pecha as pistas para impedir o paso da choiva e do vento ao interior e aumentar a eficiencia enerxética substituíndo o sistema de iluminación por novos proxectores LED aptos para exteriores.

Os usuarios poden facer as súas reservas no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou vía telefónica chamando ao 981605001. O prezo é de nove euros por hora e media de uso.

Esta actuación foi a primeira fase do proxecto de mellora do que está a ser obxecto o complexo deportivo. A continuación, na segunda fase, realizarase unha intervención no pavillón polideportivo dirixida a renovar a cuberta e os canalóns, incluíndo ademais o pintado dos muros tanto no interior como no exterior.

O investimento total alcanza os 80.000 euros a cofinanciar entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral Para o Deporte.