O Concello da Laracha renova o pavimento do núcleo da Tapia, na parroquia de Soandres

O Concello ten en fase de execución as obras de renovación do pavimento na estrada do núcleo da Tapia, na parroquia de Soandres. O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Pablo Cambón e Patricia Bello, supervisaron este xoves o desenvolvemento dos traballos, que se rematarán coa sinalización horizontal para aumentar a seguridade.

Esta intervención foi unha das que tivera que paralizarse durante as primeiras semanas do ano debido ás condicións climatolóxicas adversas para a execución de obras destas características.

Coa actuación na Tapia darase por finalizado o proxecto, valorado en 68.000 euros, que tamén contemplara intervencións noutros puntos próximos da parroquia de Soandres, como O Corgo de Abaixo e A Millarada, lugares nos que tamén se mellorou recentemente a superficie de rodadura dos vehículos.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres