O Concello da Laracha renovará o parque infantil Maximino Canedo

Continuando co plan municipal de renovación de parques infantís, o Concello realizará nos próximos días unha intervención no que está situado no parque Maximino Canedo.

A actuación prevista contempla a instalación dun novo pavimento continuo de caucho como elemento de seguridade para atenuar o impacto de posibles caídas dos usuarios e que ocupará unha superficie maior que o actual. Sobre ese pavimento serán colocados novos xogos, ademais de realizarse as oportunas actuacións de mantemento dos equipamentos que están operativos.

Recentemente o Concello tamén dotou con novos xogos ao parque infantil situado xunto á entrada da escola infantil A Galiña Azul da Laracha. Entre ambas intervencións o investimento situarase en torno aos 40.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha