O Concello da Laracha saca a licitación o subministro dun camión para usar como punto limpo móbil

1 minutes read

Os pregos que rexen o procedemento poden consultarse na Plataforma de Contratación do Sector Público. Entre as características que debe cumprir o novo vehículo atópase o consumo eficiente xa que os seus límites de emisión de dióxido de carbono situaranse nos máis baixos do mercado. O importe máximo será de 58.080 euros (IVE engadido). O prazo para presentar as ofertas rematará o día 3 de decembro.

Para a adquisición deste novo equipamento, o Concello conta coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda ao abeiro da convocatoria de subvencións a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.