O Concello da Laracha sacou a licitación o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento municipal

O documento contempla intervencións orientadas a mellorar o funcionamento dos colectores principais que conducen as augas residuais dos núcleos urbanos da Laracha e Paiosaco.

A actuación prevé a instalación dunha nova tubaxe soterrada que atravesará a estrada DP-2404, á altura do Formigueiro, co obxectivo de evitar posibles rebordes na confluencia dos colectores existentes e que poderían ocasionar verquidos antes da chegada á principal estación depuradora de augas residuais do termo municipal. Esta medida permitirá incrementar a eficiencia da rede e minimizar posibles riscos de carácter sanitario e ambiental.

Trátase dunha intervención concibida para ofrecer unha solución integral e sostible, reforzando a capacidade da infraestrutura municipal e asegurando unha mellor protección do medio ambiente e da saúde pública a longo prazo.

O orzamento ascende a 49.000 euros e a actuación será cofinanciada por Augas de Galicia ao abeiro da convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltraciones nas redes de saneamento municipal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Related posts

Entregados os premios da IV edición do concurso fotográfico ‘A Laracha no Obxectivo’

O PSdeG-PSOE de Corcubión denuncia a “forma de gobernar” do actual executivo municipal

Nova iniciativa parlamentaria do BNG en relación co transporte público na Costa da Morte