Xunto cos traballos recentemente realizados nos núcleos urbanos, nestes momentos as actuacións están localizadas na zona rural, principalmente naqueles camiños que afectan á comunicación entre núcleos rurais e con mais intensidade dentro deles. As actuacións concéntranse estes días nos lugares de A Casanova, O Cuartel e o Salgueiral na parroquia de Cabovilaño; nos que se renovou a capa de rodadura, empregando como vén sendo habitual, aglomerado asfáltico en quente. Dento do mesmo proxecto está en execución a carretera, que dende a da Deputación DP-2404, une os núcleos da parroquia de Golmar: O Ramallal, Folgueiros, A Pedra, A Tabeira e Gravido co núcleo da Piña, na cal ademais da renovación da capa de rodadura tamén foi ampliada a plataforma. O coste destas dúas actuacións ascendeu a 110. 605’20 €.