O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, solicitou formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que a estafeta da Laracha volva a abrir ao público na xornada dos sábados.
Desde que no mes de marzo foi decretado o estado de alarma, a oficina da capital municipal –situada na Avenida de Caión, fronte á Praza do Concello, modificou o seu horario e só abre ao público de luns a venres.
Desde o Concello solicítase agora recuperar o horario anterior e volver a ofrecer atención ao público os sábados para non prexudicar a aqueles veciños que aproveitaban esa xornada para realizar os seus trámites.