O Concello da Laracha solicita un cribado masivo entre a poboación

Imagen de archivo de una mujer con máscara_ PIXABAY

  • A incidencia acumulada a catorce días alcanzou este venres os 900 casos por cada cen mil habitantes

O Concello da Laracha presentaba este venres 109 casos de infección activa por covid-19, cun incremento de once con respecto ao día anterior. Ademais, a incidencia acumulada nos últimos catorce días sitúase en torno aos novecentos casos diagnosticados por cada cen mil habitantes. Ante estes preocupantes datos o alcalde, José Manuel López Varela, solicitou á Consellería de Sanidade a realización dun cribado masivo entre a poboación larachesa.

O rexedor considera que esta medida, ademais doutras preventivas específicas que poidan establecer as autoridades sanitarias nos próximos días endurecendo as actualmente vixentes, sería beneficiosa para detectar casos e evitar a propagación do virus no termo municipal.

O Concello fai un chamamento á poboación para o escrupuloso cumprimento da normativa vixente, e apela á responsabilidade individual tanto nos espazos públicos como nos privados como único modo de evitar os contaxios e aplanar a curva da terceira vaga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha