O Concello da Laracha tínguese de rosa contra o cancro de mama


Este luns, día 19 de outubro, celébrase o día internacional da loita contra o cancro de mama. O Concello da Laracha -en colaboración coa xunta local da Laracha da Asociación Española Contra o Cancro- sumouse á iniciativa #SacaPecho, que tamén é unha homenaxe ás mulleres que loitan contra esta enfermidade e ao movemento social que, da man dos avances no coñecemento da sociedade, xeraron unha maior conciencia na poboación sobre a importancia da investigación e o diagóstico precoz.

Así, desde este venres e durante os próximos días a fachada da Casa Consistorial e o obelisco estarán cada noite iluminados de cor rosa para simbolizar o apoio do Concello á campaña, contribuíndo a concienciar sobre e cancro de mama e dando unha mensaxe de ánimo tanto ás persoas que loitan cada día por superalo como ás súas familias.

O alcalde, José Manuel López Varela, acompañado por membros da xunta local da Laracha da Asociación Española Contra o Cancro, estivo no Concello para presenciar o primeiro acendido da iluminación rosa.