O Concello da Laracha xa opera cos novos orzamentos municipais

0 minutes read
  • O presuposto para este 2021 ascende a 8.305.000 euros

O Concello da Laracha comezou a traballar este martes cos novos orzamentos xerais municipais deste 2021, que ascende a máis de 8,3 millóns de euros.

Os presupostos do novo exercicio económico céntranse na blindaxe dos servizos sociais (máis de dous millóns de euros), o esforzo investidor (863.000 euros), o apoio ao asociacionismo e aos estudantes e a conxelación de impostos e taxas municipais (IBI, recollida de residuos sólidos urbanos, etc.), manténdose nos tipos mínimos que permite a lei.