Será con tres xornadas de actividades dirixidas ao público infantil. A Festa de Samaín será o acto central da programación e celebrarase o sábado 31 de outubro na Praza Les Sables d’Olonne da Laracha. Desde de as 17:00 e ata as 20:00 horas, os nenos desfrutarán dos inchables, das atraccións, dun obradoiro de apócemas e cabazas, dun photocall temático e da música de ambientación. Ademais, haberá un castañeiro e un carriño de doces para completar unha celebración pensada para compartir en familia. Todas as actividades serán gratuítas e non será necesario inscribirse previamente.
A programación completarase con dous obradoiros no Museo dos Muíños de Golmar, ambos de balde pero con inscrición previa obrigatoria xa que as prazas son limitadas.
O primeiro será o Obradoiro de cabazas o venres 30 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, e dirixido a nenos maiores de 5 anos.
O segunda proposta será o Samaín no Museo o luns 2 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, para nenos a partir de 4 anos. Incluirá un obradoiro de maquillaxe terrorífica, unha xincana, xogos e música nun ambiente pensado para gozar da celebración a través do xogo e da creatividade.
O prazo de inscrición para as dúas actividades do Museo dos Muíños abrirase o xoves 22 de outubro ás 9:00 h. As solicitudes poderán presentarse en liña, a través da web actividades.alaracha.gal, ou presencialmente na Casa da Cultura.
Recoméndase acudir disfrazado ás actividades para gozar plenamente do ambiente do Samaín.
Con esta programación, o Concello busca ofrecer alternativas de lecer para o público infantil e familiar, así como favorecer espazos de encontro e convivencia arredor dunha celebración que combina tradición, imaxinación e diversión.
