Luz verde á creación dun centro de día na Casa do Oleiro de Buño por 272.000 euros

Pleno Malpica_Cedida

  • As instalacións terán capacidade para albergar a unha vintena de residentes

O Concello de Malpica aprobou no pleno deste venres, e por unanimidade, a creación dun centro de día na Casa do Oleiro de Buño por un importe de 272.170 euros cofinanciados coa Xunta de Galicia. As instalacións actuais reformaranse para acoller ata unha vintena de persoas usuarias. Esta intervención responde a unha demanda veciñal histórica que permitirá incrementar os servizos de coidado á veciñanza no termo municipal.

No pleno tamén se debateu a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que contou co respaldo da totalidade da corporación municipal. Segundo este plan, o Concello de Malpica comprométese a reducir as emisións de CO2 nun 40%. Tamén se aprobou por unanimidade o suplemento de crédito para o 2021, cun valor de 295.279,43 euros para pago a proveedores.

Moción pola Confraría de Pescadores

A corporación de Malpica presentou unha moción para promover unha declaración institucional do Concello co obxecto de demandar a eliminación das modificacións do Regulamento de Control Europeo da UE con respecto á frota artesanal. Estas modificacións suporán que todas as embarcacións terán que ter un sistema de xeolocalización e de videovixilancia a bordo, entre outros. «Instalar cámaras para controlar a cuota é unha locura para as embarcacións”, sentenciou o alcalde, Walter Pardo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha