O concello de A Coruña busca dinamizar o galego entre os máis pequenos a ritmo de música e radio

1 minutes read
  • As actividades son gratuítas e están dirixidas ao alumnado de Primaria

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ofrece aos CEIP do municipio dúas actividades dirixidas ao alumnado de Primaria.

Dentro da programación atópase Radio «Bulebule», de Paco Nogueiras, formada por 7 pases escolares que se celebrarán do 23 ao 27 de marzo e cada actividade durará aproximadamente 60 minutos.

Por outra banda atopamos «Lambona e a Banda Molona» de Uxía. Neste caso cada actividade durará aproximadamente 35-40 minutos e terá lugar entre o 25 e o 29 de maio.

Ambas programacións son gratuítas e para inscribirse cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a inscricionslingua@coruna.es

Se non se cubren as prazas ofertas, o martes 17 de marzo abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.