O Concello de A Coruña cancela programas formativos debido á pandemia da COVID-19

Xente nunha charla_PIXABAY

  • O concello decide suspendelos ao non poder garantir as medidas de seguridade e de hixiene e que se desenvolvan nos termos das convocatorias anteriores

O concello de A Coruña cancela os programas educativos internacionais Bolsas USA 20-21, Acore e Idiomas do mundo pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decidiu non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así, deixa sen efecto a resolución na que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.º da ESO, e nas que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.º de Bacharelato nos Estados Unidos.

Do mesmo xeito, anúlase «Idiomas do mundo 2020» que posibilitaba a estadía do estudantado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato en Francia, Irlanda, Portugal e Alemaña ou Austria durante catro semanas do verán, co fin de melloraren a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo. Por culpa da crise sanitaria internacional, tampouco se poderá desenvolver o programa Acore, no ue se ofertaban cinco prazas para que tituladas/os superiores en formación profesional nos ciclos formativos de Hostalería e Turismo, Comercio e Márketing, e Administración e Xestión realizasen prácticas en empresas de Austria, Italia e Reino Unido.

Sen embargo, a Concellería de Educación, en colaboración coa Federación de APAS da Coruña, porá en marcha en xullo o programa Summer Talk, con actividades de dinamización dirixidas ao alumnado da ESO para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha