O concello de A Coruña impulsa o emprendemento azul

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, na presentación de Restaura Coral_Concello de A Coruña._Arquivo.

  • Galicia, xunto a Andalucía e Baleares, son as tres comunidades españolas que participan na iniciativa Restaura Coral

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, participou este martes no espazo Papagaio na presentación do programa formativo Restaura Coral: unha acción que busca crear empregos de calidade dotando aos participantes das ferramentas necesarias para poñer en marcha empresas sostibles na área da restauración mariña. Galicia, xunto a Andalucía e Baleares, son as tres comunidades españolas que participan nesta iniciativa.

A concelleira destacou que a intención do concello é «formar e crear emprego de calidade» e destacou o marcado carácter social da iniciativa que dará prioridade a persoas con diversidade funcional e menores de 35 anos, que terán a oportunidade de desenvolver e mellorar as súas competencias emprendedoras nunha área tan innovadora como a restauración do medio mariño.

Esta previsto que na Coruña se celebren dúas accións de innovación social. A primeira que comeza hoxe e que se desenvolverá ata o 2 de xullo, e unha segunda en setembro. O programa, con apoio e financiamento do Fondo Social Europeo en colaboración coa Fundación Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, centrarase no emprendemento azul, o turismo sostible e a restauración de arrecifes e colonias de coral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha