O Concello de A Coruña pecha o Centro Abeiro ao non cumprir coa lei

PIXABAY

  • Algunhas entidades comprometéronse a colaborar para subsanar as consecuencias de que o albergue municipal non se poida reabrir

O Goberno local vese na obriga de pechar o Centro Abeiro, un espazo municipal no que se desenvolvía o programa de baixa esixencia destinado á cidadanía en situación de rúa, en cumprimento da lei e por esixencias da Xunta de Galicia ao ditaminar que o centro non se adecuaba aos requisitos mínimos esixidos e, como consecuencia, interpoñendo unha sanción en outubro de 2017.

Á súa chegada ao Goberno, o Executivo local analizou co Servizo de Edificación as posibilidades de subsanar todos os requisitos específicos que o centro non cumpría e que eran esixidos pola normativa sectorial de aplicación. Tras esta análise, a única opción viable deixaría o espazo sen os metros mínimos necesarios que a Xunta esixe para este tipo de centros. Neste senso, e segundo o Goberno autonómico, o inmoble seguiría a ser non válido para exercer esta actividade. Polo tanto, co fin de cumprir a lei e de salvagardar a integridade física do cadro do persoal traballador e as persoas usuarias do albergue municipal, o Concello vese na obriga de pechar o Centro Abeiro.

Seguidamente, a Concellería de Benestar Social e Igualdade decidiu informar a todas as entidades da cidade que traballan neste ámbito para que foran coñecedoras da situación do Centro Abeiro e estableceu unha coordinación entre todas as partes involucradas. Desde o primeiro momento, as entidades comprometéronse a colaborar, cada unha dentro do seu ámbito, para subsanar as consecuencias de que o albergue municipal non se poida reabrir. Entre elas, destacar que ACCEM e Padre Rubinos manifestan a posibilidade de ampliar o número de prazas en ambos os centros

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha