O Concello de A Coruña repartiu 10.000 menús da bolsa comedor desde o inicio da corentena

O Concello de A Coruña repartiu 10.000 menús da bolsa escolar_Concello de A Coruña

  • O servizo conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os menús no seu domicilio grazas a Protección Civil e demais voluntarios

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, repartiu 10.000 menús dentro do programa bolsa comedor desde que comezou o estado de alarma. As familias beneficiarias poden seguir desfrutando deste servizo, que ademais se reforzou durante a Semana Santa, xa que se seguiron entregando menús durante estas datas festivas en que, se non estivermos en estado de alarma, non se prestaría este servizo.

O programa conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os menús no seu domicilio grazas ao dispositivo especial de voluntariado do concello e mais á colaboración de Protección Civil. As familias que o precisen deben solicitar ao concello a vontade de recolleren os seus menús no colexio que se lles asigne. Se non puideren abandonar o seu domicilio, activarase o servizo de entrega nos seus fogares.

Os colexios nos que está funcionando a repartición dos menús son o Fogar de Santa Margarida, a Grande Obra de Atocha, Víctor López Seoane, María Pita, Raquel Camacho e Salgado Torres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha