O Concello de Arteixo adica 123.000 € para cubrir a pista multideporte de O Seixedo

1 minutes read

Este proxecto suporá o inicio dun plan máis ambicioso e que será a cubrición de todas as pistas multideporte desta área mediante a instalación dunha cuberta de tipoloxía de madeira.

Arteixo pretende con esta iniciativa reforzar os equipamentos que iniciara hai dez anos coa construcción de pistas multideporte e de libre acceso na meirande parte das parroquias do municipio. No pasado verán procediuse á reparación e acondicionamento xa que, a meirande parte das pistas presentan problemas de vandalismo, sobre todo graffitis. Os técnicos municipais rexistraron pintadas de toda índole nas pistas multideporte do campo da festa en Arteixo, Rañobre, Meicende, Sobrado e Seixedo.

Tamén se levaron a cabo outro tipo de reparacións nestas pistas e nas de A Cachada, Sorrizo, as pistas cercanas ao centro de saúde en Arteixo e Uxes que consistiron na instalación de novos xogos de porterías, marcaxe das liñas de fútbol sala e baloncesto; e reparación e limpeza dos peches perimetrais de madeira. O obxectivo é seguir fomentando a práctica deportiva informal.