As obras, que terán un custo de 335.000 euros, contemplan a ampliación do actual vial e a creación de novas prazas de aparcamento que se distinguirán en dúas zonas. A máis próxima ao colexio que tamén servirá para as maniobras dos autobuses escolares e estará sinalizada para evitar estacionamento en determinadas horas e días. O proxecto inclúe a creación de novas beirarrúas de maiores dimensións para facilitar o tránsito dos peóns. O Concello tamén acometerá nesta zona a reforma da praza de Galán que contará cun novo axardinamento e xogos infantís. O proxecto supón a reforma da rúa adxacente que ampliará as prazas de aparcamento mediante a conversión dun aparcadoiro en liña e outro en batería, o que permitirá maior espazo e máis prazas para os vehículos.
30