40
- O curso comezará o 11 de febreiro e terá un custo de 40 euros
O Departamento de servizos sociais organiza un curso básico de lingua de signos que impartirá a Sociedade comarcal de Persoas Xordas de Arteixo, os martes e xoves no centro de maiores A Baiuca.
Trátase dun curso de nivel inicial de 80 horas de duración que comezará o próximo 11 de febreiro e que terá un custo de 40 €.
A actividade só se levará a cabo cun mínimo de 10 inscritos e se hai máis demanda realizarase un sorteo público o día 5 de febreiro.
As inscricións poden facerse a través do 981 659 095 ou mediante o correo electrónico baiuca@arteixo.org.