O Concello de Arteixo impartirá un curso de lingua de signos coa Sociedade comarcal de Persoas Xordas

Lingua de signos_Fonte: dream-alcala.com

  • O curso comezará o 11 de febreiro e terá un custo de 40 euros

O Departamento de servizos sociais organiza un curso básico de lingua de signos que impartirá a Sociedade comarcal de Persoas Xordas de Arteixo, os martes e xoves no centro de maiores A Baiuca. 

Trátase dun curso de nivel inicial de 80 horas de duración que comezará o próximo 11 de febreiro e que terá un custo de 40 €. 

A actividade só se levará a cabo cun mínimo de 10 inscritos e se hai máis demanda realizarase un sorteo público o día 5 de febreiro. 

As inscricións poden facerse a través do 981 659 095 ou mediante o correo electrónico baiuca@arteixo.org.