O Concello de Arteixo licita un novo e moderno parque en Candame

1 minutes read

Segundo informa o propio Concello, o proxecto acaba de saír a licitación por un importe de 322.000 euros e transformará unha parcela de 16.135 metros cadrados nun espazo humano e sostible.

A instalación será un referente de inclusión seguindo os principios da Nova Bauhaus Europea.

O parque infantil contará con doce elementos de última xeración, incluíndo carrusel e columpio combinado para nenos con diferentes capacidades.

Para os adultos, haberá unha zona de descanso, exercicio físico con elementos biosaludables e unha gran pérgola de madeira e aceiro.

A zona quedará integrada na paisaxe con novas árbores, arbustos, iluminación moderna e fontes de auga potable.