O Concello de Arteixo mellora e amplía a rede de contedores de reciclaxe


O Concello de Arteixo sustitúe os contedores de papel e cartón por outros de maior capacidade debido ao incremento da reciclaxe por parte da veciñanza. Os técnicos xa instalaron novos colectores o pasado mes de xullo, como proba piloto, na Avenida do Balneario, Praza das Viñas, Travesía de Arteixo e rúa Capela. Os novos contedores expándense agora a outras zonas urbanas coa mesma necesidade. Será unha instalación progresiva. O concello continúa ademáis reforzando o servizo coa instalación de novas isletas de cinco contedores en diversos puntos do municipio. Foron 21 novas isletas nas últimas semanas que se unen aos 2.000 contedores instalados a finais de 2018.