O Concello de Arteixo non cobrará o recibo do lixo 2020 a hostaleiros e hoteleiros

1 minutes read

Os dous recibos dos dous semestres do ano emitiránse por un valor de cero euros. A medida supón un novo apoio económico a este sector duramente castigado pola crise da COVID e ao que xa se lle abonou 1’3 millóns de euros en axudas directas a preto de 800 autónomos.

O concello levará esta modificación ao pleno do próximo 26 de novembro. 

A esta exención de tasas súmase a xa aprobada sobre a ocupación dos terreos de uso público con postas, mesas e sillas con finalidade lucrativa; así como aquela que regula a utilización provativa ou aproveitamento especial do dominio público con motivo da venda ambulante na feira semanal.  

O alcalde, Carlos Calvelo, indica que «é o momento de poñer os nosos recursos ao dispor de todos aqueles que están a sufrir as consecuencias económicas do peche dos seus negocios”.