O Concello de Arteixo pon en marcha un curso de língua de signos

Comunicar en língua de signos e aprender os conceptos básicos da linguaxe, ese é o obxectivo do Departamento de Servizos Sociais xunto coa Sociedade Comarcal de Persoas Xordas de Arteixo, un curso de comunicación en língua de signos española.

Trátase dun curso de iniciación de 75 horas de duración que se desenvolverá os martes e xoves, de 18 a 20.30 h, no C.S. Mestre Mateo. O curso comezará o 9 de abril próximo e ten un custo de 37’50 euros. 

Só hai 15 prazas. Os interesados deben de inscribirse no Centro de Maiores A Baiuca. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha