O Concello de Arteixo saca á exposición pública o seu plan de accesibilidade

O Concello de Arteixo sacará esta semana á exposición pública o seu plan de accesibilidade. Trátase de detectar as zonas de maior urxencia de actuación en temas de accesibilidade para despois desenvolver as melloras oportunas. O plan detalla actuacións que suman un importe de 5’5 millóns de €uros ata o ano 2024. Inclúense fichas detalladas de diversas zonas do municipio sobre as que se actuará pero ao se tratar dun documento aberto, aínda poderían intruducirse novos proxectos. O obxectivo da accesibilidade universal é a eliminación de barreiras que impiden o acceso de todas as personas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan dimensiona económica e temporalmente as actuacións que permitirán a eliminación desas barreiras. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha