Tras abrir a biblioteca municipal, o arquivo e o Museo, agora, o seguinte será Servizos Sociais, coincidindo, ademáis, ca apertura dos prazos legais de varias prestacións municipais que dependen desta área. A alcaldesa, María Barral, explicou que este departamento, pola situación xerada pola Covid-19 e a afectación social que está a ter, ampliará os horarios de atención ao público “para cubrir a demanda que está a xenerar esta crise e atender as consultas que quedaran pendentes”. Ao mesmo tempo, reanudaránse ou abriranse, en función do servizo, os prazos de solicitud para comedor escolar, campamentos de verán, e a escola infantil municipal, priorizando en todos os casos atención telemática. O Concello estableceu un protocolo de funcionamento do servizo atendendo as distintas fases de desescalada e volver a acadar a normalización da actividade, garantindo unha correcta atención á cidadanía con total seguridade e protección tanto para o persoal como para as persoas atendidas.