O Concello de Betanzos asumirá o servizo de comedor no Vales Villamarín a máis de 400 alumnos

1 minutes read

Desenvolverase cun protocolo “específico” para estas instalacións que foi elaborado polo persoal técnico municipal en coordinación coa dirección do centro escolar. O servizo poñerase en marcha o día 14. Por primeira vez, para dar servizo aos 288 alumnos de Primaria deste colexio que solicitaron praza neste servizo, no horario do mediodía habilitaranse dúas quendas, de 14.00 a 14.45 horas de primeiro a terceiro curso de primaria; e de 15.00 a 15.45 horas para os de cuarto, quinto e sexto. Con estas dúas quendas, poderase desenvolver o servizo mantendo as medidas de seguridade ás que obriga a Covid-19, especialmente en canto a distancia persoal do alumnado. No aulario de Infantil non será necesario establecer quendas no servizo, xa que a amplitude das instalacións permite atender simultaneamente aos 138 alumnos/ as rexistrados/ as con todas as medidas de seguridade establecidas.