O Concello de Betanzos e Adif estudarán unha nova alternativa de acceso ao porto

1 minutes read

Estudar unha solución intermedia entre a proposta de Adif e a formulación do Concello para a eliminación do paso a nivel do porto. Iso é o que acordaron en Madrid, a alcaldesa, María Barral, e responsables técnicos de Adif nunha reunión mantida na sede da entidade pública despois de que o Concello se opoña á formulación de construción dun viario que conecte o Paseo Ramón Beade e a rúa Arxentina a través dun paso superior sobre a vía do ferrocarril, cunha pasarela peonil que se situará na contorna do actual paso a nivel e a repavimentación da rúa Arxentina ata o paseo Ramón Beade. A primeira edil trasladou na reunión mantida en Madrid que o Concello se opón a esta formulación polo impacto que supón e volveu insistir na construción dunha conexión a uns 300 metros aproximadamente do cruzamento das avenidas da Coruña e Fraga Iribarne en dirección Betanzos-Sada e desde aí un viaduto duns 163 metros de lonxitude para conectar cos terreos portuarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?