A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de restauración e conservación do estanque do Retiro do Pasatempo, a primeira actuación do plan de recuperación que impulsa o Concello. Trátase das primeiras obras incluídas no convenio asinado entre o propio Concello e a Deputación, que prevé un investimento de 750.000 euros.
As obras terán un custo de 524.929 euros e a súa duración prolongarase por espazo de 15 meses. Tendo en conta a complexidade das actuacións, o prego recollerá unha serie de requisitos para o contratista que deberá de ser unha empresa especializada na área de restauración e rehabilitación, que deberá acreditar a súa solvencia técnica cunha relación de obras executadas no últimos cinco anos, avaladas con certificados de boa execución.
A alcaldesa, María Barral, explicou que “aínda que a intención do Concello era poder sacar a licitación os traballos antes, o certo é que os trámites administrativos e económicos para preparar a licitación xunto á redacción do propio proxecto, que foi complexa, levou a que todo este proceso leva máis tempo do esperado, ao que houbo que sumar os procesos establecidos para a súa autorización”.