Este cambio está xustificado pola necesidade de adaptar a imaxe de marca aos novos tempos e as novas tendencias en deseño, actual, transversal á realidade actual e aplicable a todos os ámbitos municipais dende a súa papelería, ata a sinalética pasado tamén pola súa utilización nas novas tecnoloxías.
Con esta nova identidade o que se pretende e proxectar unha imaxe do concello cosmopolita, innovadora e atractiva que reflexe un Brión mozo e alegre e que ten magníficas posibilidades de avanzar cara o futuro.
Outro dos obxectivos é unificar a identidade do Concello para facelo máis próximo e recoñecible cara a veciñanza e evitar así as imaxes confusas da institución. Ata a data o símbolo empregado non dispoñía de manual de identidade gráfica e convivía con multitude de variantes diferentes. Con esta nova marca as comunicacións do concello dotaranse de coherencia interna e carácter propio o que axudará a comunicar mellor.
37