- Comezarase coa selección de 4 peóns de obra que contarán cun contrato a xornada completa por 6 meses
O Concello de Cabana, a través do programa PEL Concellos Reactiva da Deputación da Coruña, seleccionará durante este ano a 14 persoas desempregadas do municipio para formar parte do equipo de servizos municipais.
Comezarase coa selección de 4 peóns de obra que contarán cun contrato a xornada completa con 6 meses de duración. Será necesario estar inscrito na Oficina de Emprego de Carballo para poder optar ás prazas.
Nos próximos meses, e en función da necesidade de persoal no cadro de servizos municipais, farase efectiva a contratación de 10 persoas máis en postos dedicados á limpeza viaria.
Desde o goberno local destacan o «reforzo que supoñerá a incorporación destes efectivos á hora de realizar calquera intervención no termo municipal».