- Tamén se está renovando a rede de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica da contorna da infraestrutura
O Concello de Cabana iniciou este mes os traballos de acondicionamento e mellora da accesibilidade ás vivendas sociais municipais. A intervención conta cun orzamento de 53.651,40 euros e inclúe a demolición das escaleiras e ramplas anteriores que non cumprían coa normativa. Tamén se está a traballar no peche dos baixos dos balcóns así como na limpeza, reparación e pintado das fachadas. Por outra banda, os operarios están renovando a rede de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica da contorna da infraestrutura.
Segundo explicou o alcalde, José Muíño, esta actuación é unha mellora «importante e moi necesaria» nunhas construcións cuxo cometido é «dar un servizo de urxencia a persoas con dificultades económicas». O Concello agarda iniciar os trámites de adxudicación das vivendas antes do 2022.
