O Concello de Cabana presentou a programación do ‘Baile de maiores’ con actividade de xaneiro a marzo

O Concello de Cabana de Bergantiños presentou este xoves a programación do ‘Baile de maiores’ con actividade de xaneiro a marzo, unha iniciativa con grande éxito de asistencia durante todo o ano.

A primeira sesión será este domingo, 11 de xaneiro, ás 19:00 horas con Rocío Pérez, no Centro de Maiores da nosa localidade. O domingo 25 de xaneiro será co Dúo Élite; o domingo 8 de febreiro, con Mar de Caión; o domingo 22 de febreiro, amenizará a velada Judith Cundíns. O 8 de marzo, Martín Carrión e o 22 de marzo, novamente Rocío Pérez. Todas serán en domingo ás 19:00 horas da tarde con acceso libre.

Desde o Concello de Cabana de Bergantiños convidan á veciñanza a acudir “a esta programación, que sempre conta cun gran número de asistentes e que o obxectivo que persegue é promover a socialización entre os nosos maiores”.

Related posts

A Laracha acollerá o programa «Avós e Avoas Educadores», en colaboración con Adro de Vilaño e a Cruz Vermella

O Concello de Malpica remata a reforma realizada nas Escolas Vellas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, en Buño

Carmen V. Valiña protagonista da última sesión do clube de lectura do IES Maximino Romero de Lema de Baio