O Concello de Camariñas colabora na construción dunha escola na India a través da arte

1 minutes read
  • O Concello adquiriu dúas obras da artista Amparo Sard cuxo importe irá destinado á Fundación Vicente Ferrer

O Concello de Camariñas acaba de adquirir dúas obras da artista Amparo Sard, que actualmente expón a súa colección ‘La inercia de los escombros’ no Museo Man de Camelle. O importe destas será doado á Fundación Vicente Ferrer para financiar a construción dunha escola na rexión de Anantapur, na India.

Esta compra xestiónase a través do proxecto Mata Sombras co que a Fundación, a través da arte, está proxectando a creación de colexios no país. Polo de agora xa se realizaron cinco, e a sexta podería inaugurarse o vindeiro ano.

Segundo explica o comisario de arte do proxecto Mata Sombras, Antonio Torres, as escolas «se construyen en zonas rurales donde no hay centros educativos con el objetivo de ayudar, a través de la educación, a cambiar determinados hábitos sociales instaurados».