A fabricación de máscaras infantís artesanais será a través das máis de 50 voluntarias coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe.
Estas máscaras están dirixidas a nenos e nenas do municipio de entre 2 e 14 anos e serán feitas con Tejido No Tejido (TNT) de triple capa, aumentando así a protección con respecto as xa fabricadas para os adultos, que eran de doble capa.
As costureiras están a fabricar diferentes modelos de distintas tallas para poder adaptarse aos rangos de idade anteriormente indicados. Para a súa confección a Floristería Alecrín doou 80 metros de tela TNT e 18.000 alambres. A tela neste caso é de cores para que esteticamente sexan máis vistosas.
Prevese que estas máscaras infantís estean rematadas a próxima semana e así poder entregalas en cada fogar aproveitando o reparto de libros e material escolar que fará Protección Civil.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que esta iniciativa ten un doble obxectivo “por un lado estamos pensando en protexer aos máis pequenos para cando se vaian levantando as medidas do confinamento e poidan saír outra vez ás rúas e, polo outro, queremos que sintan que tamén pensamos neles e na súa saúde xa que seguramente moitos deles estarán vendo aos seus pais ou nais coa máscara posta estes días e non había ningunha para eles”.