O Concello de Camariñas concede 56 axudas dentro do PEL-Reactiva

1 minutes read
  • Os beneficiarios poderán presentar renuncias ou alegacións ata o 10 de febreiro

Un total de 56 autónomos e empresas do Concello de Camariñas beneficiaranse do plan de axudas municipal, cofinanciado pola Deputación da Coruña a través do PEL-Reactiva. Os adxudicatarios recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida e terán ata o 10 de febreiro para presentar renuncias ou alegacións. Con estas axudas repartirase o 100% do orzamento destinado para este fin, que era de 102.500 euros.

Agora, tal e como recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP), cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, suministros (auga, luz, electricidade, combustible…) ou adquisición de mamparas. Terá que xustificarse que estes gastos se realizaron entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020.