A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do mércores 5 ao domingo 9 de abril e que co lema ‘Camariñas está de moda’ quere reivindicar a relevancia da súa pasarela de moda e a aplicación do encaixe como complemento e na roupa.
Esta edición redobla a aposta por destacar a tradición milenaria do encaixe de Camariñas como un elemento de moda que está á vangarda e que está a ser empregado por moitos dos deseñadores máis recoñecidos a nivel nacional. Para isto, a Mostra do Encaixe de Camariñas quere valerse dun marco incomparable como son as paisaxes fermosas e impoñentes das coas que conta o municipio.
Na liña dese lema, o departamento da Mostra programou máis desfiles ca nunca. Con 13 Grandes Deseñadores, algúns xa consolidados e outras novidades, 40 Noveis Deseñadores, 11 artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, as Encaixeiras Sénior… A apertura da trixésimo segunda edición da Mostra terá lugar o mércores 5 ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.
